Colaboradores

PARA MELLORAR A TÚA CALIDADE DE VIDA

Colaborador

Buscamos profesionais coma ti e negocios coma o teu que queiran achegarlles un valor engadido ás persoas e ofrecerlles un servizo máis completo aos seus clientes.

Ser «colaborador» é moi fácil, non che requirirá nada de tempo e poderás gañar cartos cada mes soamente por recomendar a VALIDA, a empresa nacional número 1 en vendas en solucións para a accesibilidade.

Como funciona?

Facilítanos o contacto dalgunha persoa interesada nun salvaescaleiras e, se acaba en venda, levas unha comisión, ou sexa, un ingreso extra a final de mes. Máis fácil imposible, non si?

Podo ser colaborador?

Si, sempre e cando sexas un profesional en activo e/ou teñas un negocio orientado ás persoas con mobilidade reducida, con discapacidade ou de avanzada idade. Este colectivo de persoas é o que para mellorar a súa calidade de vida pode necesitar algunha das axudas técnicas que ofrecemos: unha cadeira savalescaleiras, unha plataforma salvaescaleiras ou un elevador de curto percorrido.

Neste sentido, se es unha ortopedia, un asistente social, un coidador a domicilio, un centro de saúde, un administrador de predios, un arquitecto… solicítanos ser «colaborador». Todo son vantaxes!

Si, quero ser colaborador de VALIDA. Que teño que facer?

Chámanos ao número de teléfono gratuíto 900 414 000 e informarémoste. Mándanos unha mensaxe a [email protected] na que nos indiques o teu nome e apelidos, teléfono de contacto e profesión ou tipo de negocio.

No asunto especifica «Quero ser colaborador». Poñerémonos en contacto contigo coa máxima brevidade.

Por que deberu00eda recomendar VALIDA?

Porque somos unha empresa nacional, de aquí, próxima.
Por confianza: somos a empresa líder de vendas en solucións salvaescaleiras no ámbito nacional.
Porque dispoñemos do catálogo de produtos en accesibilidade máis completo do mercado. Temos a solución perfecta para cada necesidade.
Porque dispoñemos dun equipo profesional de asesores e técnicos especializados en solucións para a accesibilidade en cada zona. Para que cando necesites calquera cousa non che falte de nada.
Porque a experiencia nos avala. Somos a empresa que máis solucións en accesibilidade instalou en todo o territorio. Hoxe en día son máis de 25 000 as máquinas que temos instaladas.
Valida Salvaescaleras
valida-logotipo

Valida Solutions S.L.U.

Copyright @2024

salvaescales opinions
crossmenu