Plan Tesouro

PARA MELLORAR A TÚA CALIDADE DE VIDA

Como ganar 150€ co Plan Tesouro?

O Plan Tesouro é unha promoción ideada para mellorar a calidade de vida das persoas, principalmente daquelas que queren vivir nun contorno accesible, práctico e confortable. Porque, como ben sabes, as cadeiras salvalescaleiras, as plataformas e os elevadores permítenlles ás persoas con discapacidade ou con mobilidade reducida desprazarse con total autonomía.

Con todo, o Plan Tesouro tamén está ideado para premiar os nosos clientes máis fieis. Por ser cliente de VALIDA e para agradecer a túa confianza, podes gañar 150 € por recomendarnos un familiar, amigo ou coñecido que queira instalar unha solución salvaescaleiras.

Quen pode participar no Plan Tesouro de VALIDA?

Calquera persoa física que sexa cliente de VALIDA.

Son cliente de VALIDA e quero recomendarvos a alguén. Como o fago?

Facilítalle os nosos datos de contacto a un familiar, amigo ou coñecido. Pode chamarnos ao teléfono gratuíto [email protected]. Tamén pode entrar na nosa páxina web www.valida.es e cubrir calquera formulario de contacto.
E o máis importante: lémbralle que nos diga que vén recomendado por ti!

Interésame! Como funciona?

1. Recoméndalle VALIDA a un familiar, amigo ou coñecido que queira mellorar a súa calidade de vida cunha solución salvaescalerias, xa sexa unha cadeira, unha plataforma ou un elevador.

2. Cando esta persoa nos chame ou contacte con nós por primeira vez, deberá indicarnos que vén da túa parte. Nós deixarémolo anotado no noso sistema.

3. Se a persoa recomendada compra unha das nosas solucións para a accesibilidade, levarás automaticamente 150 €. Cantas máis persoas nos recomendes, máis diñeiro podes levar. Un ingreso extra a final de mes que non vai nada mal!

CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN «PLAN TESOURO»

Promoción válida e aplicable a todas as recomendacións realizadas a partir do 01/10/2020. Non serán válidas as recomendacións realizadas antes da data anteriomente indicada. A promoción Plan Tesouro non é acumulable a outras promocións nin a descontos realizados previamente no orzamento por parte do axente comercial. Poderán beneficiarse desta promoción unicamente aquelas persoas físicas que acrediten que son clientes de VALIDA e faciliten o contacto da persoa recomendada antes de que o comercial lle realice a visita á persoa referenciada. Só serán válidas aquelas recomendacións recibidas antes da visita comercial á persoa interesada e sempre que a persoa interesada non contactase con VALIDA previamente por outras vías.
Valida Salvaescaleras
valida-logotipo

Valida Solutions S.L.U.

Copyright @2024

salvaescales opinions
crossmenu