tipo de producto: Outras solucións

Unha solución a medida para ti

VALIDA é moito máis ca cadeiras salvaescaleiras, plataformas salvaescaleiras e elevadores verticais. VALIDA ofréceche unha infinidade de solucións adicionais para mellorar a accesibilidade de calquera espazo, sexa público ou privado.

Conscientes das necesidades diarias que teñen as persoas con mobilidade reducida, de avanzada idade ou con discapacidade física, VALIDA presenta outras solucións para mellorar a calidade de vida das persoas:

  • Os automatismos de porta ou abreportas automáticos: permítenlles ás persoas abrir e pechar calquera tipo de porta batente sen esforzo, con só premer un botón ou con sensores de movemento.
  • As ramplas automáticas: permiten salvar pequenos chanzos sen invadir o espazo, pois despréganse para usalas e, en estado de repouso, quedan escondidas e recollidas no mesmo chanzo.
  • Os elevadores de piscina: son cada vez máis imprescindibles para ofrecerlles accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida ou con discapacidade que queiran acceder á auga e saír dela.
  • Os subeescaleiras portátiles: son unha alternativa aos salvaescaleiras convencionais. Son fáciles de transportar, pero o usuario precisa da axuda dunha terceira persoa para subir e baixar escaleiras.

Modelos

Filtro productos archive Sillas

Filtro productos archive Sillas
  • Escaleiras curvas (6)
  • Escaleiras rectas (5)
  • Para exteriores (3)
  • Para interiores (9)

Ver todos

Comentarios verificados dos clientes

Valida Solutions SLU Reviews with ekomi.es
Valida Salvaescaleras
valida-logotipo

Valida Solutions S.L.U.

Copyright @2024

salvaescales opinions
menu